Para este ano escolar púxenme uns obxectivos moi cómodos de acadar,
1. Media maratón en 1:45:30
2. 10 Km en 4:47:30
3. Maratón en menos de 4 horas.
O primeiro xa o conseguín na media maratón de Pontevedra, fixen os 21 Km a 5 min/Km. Logreino! Tendo en conta que o ano pasado correra a 5:16, foi todo un éxito.
O segundo creo que tamén o terei doado se o percorrido é chan... xa chego a baixar dos 49 minutos entrenando pola zona da xunqueira.
E o terceiro é para soñar, it's just to dream. Precísase moito tempo para preparar, aínda que sexa a nivel moi básico, a maratón e este ano non o teño. Aínda así, cando podo fago distancias un chisquiño máis longas, 14 Km.... xa veremos, está aí no punto de mira, aínda que lonxe.
E todo isto por alegría!!!
:)
Ningún comentario:
Publicar un comentario