sábado, 19 de decembro de 2015

Os meus primeiros Newton. Un cambio de tenis demasiado radical

Hai xa uns meses que buscando mellorar a técnica de carreira comprei uns Newton, e ao final de todo si que podo dicir que agora corro máis rápido, incluso con outras zapatillas pero hai un precio a pagar e é bastante alto. Xa che din na tenda que tes que estirar moi ben os xemelos, aínda que eu diría "hai que estiralos escrupulosamente ben"... Nunca tivera problemas neses músculos e ao pouco de comezar cos Newton viñeron os dolores, e incluso un pinchazo que me obrigou a parar no medio dun entrenamento. Seguro que tamén lle din demasiada caña ao principio, debería ter comezado con menos quilómetros, como moito 5 Km con eles duas veces por semana durante un par de meses tirando polo baixo.
As zapatillas son lixeiriñas, algo rechamantes e drop de 2. O das New Balance que estaba usando ata o de agora teñen drop  de 12. O cambio foi radical, esperaba sustitiuir as vellas con estas Newton pero non puiden, teño que combinalas para deixar descansar os xemelos.

Eso si, descárganse os cuadriceps e as rodillas, así que se tes complicacións nesas zonas a solución é levar o problema hacia abaixo e esperar a ver como reaccionan os xemelos, sóleo e tendón de aquiles.

Como son do parecer que os cambios son bos e necesarios, a experiencia coas Newton aínda que dura para os meus xemelos foi en conxunto positiva, aprendín a talonar menos, aumentei a zancada e en xeral conseguín reducir o ritmo medio nas carreiras.




Ningún comentario:

Publicar un comentario