domingo, 3 de xaneiro de 2016

Feliz ano e alegres carreiras!

Despois de tres semanas en dique seco por un resfriado que me collera moito apego, por fin puiden volver poñer os tenis. Desta volta os de monte para correr pola beira do río.
Foron 10 Km a 5 min/Km, que xa lle chega. O río ía cheo, coas últimas chuvias púxose a paisaxe invernal preciosa, con lama no camiño e follas secas amoreadas nas beiras. Tout pour plaire!

Feliz ano a todos os que por aquí pasades

Ningún comentario:

Publicar un comentario