Descarguei o track do trail de Cela deste ano e fun facer un cacho para que o corpo se afaga ás costas. Sorprendeume o cambio tan grande que hai con respecto ao ano pasado. Súbese pola ruta dos muiños de Ermelo e cando chegas á cruz xa levas máis de 10 Km (o doble do ano pasado).
En contrapartida quitaron o percorrido por Chans, Pareceume máis duro que o ano pasado, e iso que só fixen doce quilómetros.
Non é fácil seguir o track cando non coñeces a zona, por suposto que me perdín unhas cantas veces. E coas chuvias destes últimos días había zonas de lama e camiños convertidos en ríos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario